martes, 4 de noviembre de 2014

O autoemprego e as redes sociais.


A procura de emprego, oportunidades de negocio tradicional, a través de ofertas de xornais ou, mesmo, a través de portais específicos na rede está a descender en efectividade e uso a pasos axigantados. Aqueles medios imprimidos que noutro tempo eran refentes para atopar ao mellor profesional, o mellor emprego, a mellor oferta de negocio a nivel nacional, deixaron de ser representativos das necesidades do mercado. 



As redes sociais orientadas ao autoemprego abren os seus horizontes a novos mercados. Estas plataformas desenvólvense en Internet e serven de venta e expositor a traballadores. E é que a diferenza das bolsas de traballo online, as plataformas de autoemprego están orientadas á parte social da comunicación entre empresa e cliente, facilitando o contacto e actuando como mero soporte e "escaparate".

Neste ámbito, pois, son hoxe unha ferramenta imprescindible para o autoempregado e o emprendedor, unha forma accesible e alcanzable para promover o noso negocio. Pero o cambio que deu a publicidade e a mercadotecnia colleron desprevenidos a moitos que ainda non teñen moi claro como usar correctamente as ferramentas que ofrece Internet e como sacarlle o máximo partido.





As redes sociais tamén forman parte da mercadotecnia e como tal debemos tomárnoslas en serio. Preparar unhas axeitadas estratexias permitirá minimizar os riscos que pode levar consigo exportar un producto e/ou servizo a un lugar do mundo con aspectos culturales e éticos diferentes. Internet e as novas tecnoloxías permítennos obter unha excelente cantidade de información, como productos da competencia, poñer en contacto a empresa co seu futuro mercado a través do seu sitio Web ou correo electrónico. Referíndome á visibilidade, tamén quero ter en conta a reputación e a privacidade na rede, a identidade dixital persoal.



É, pois, necesario ter presenza nas principais redes sociais profesionais para aumentar as opcións de procura de emprego e autoemprego. 



Os beneficios de ter un perfil nas redes sociais son:


  • As empresas que buscan empregados ou negocios poden encontrarte.
  • O teu perfil profesional encóntrase dispoñible na rede as 24 horas do dia.
  • A máis redes sociais (dentro do mesmo ámbito), maiores posibilidades.
  • Conseguir referencias.
  • Ter información totalmente actualizada.
  • Obter unha boa reputación persoal e profesional.



Para finalizar, dicir que a presenza en Internet por parte das las franquías é un feito real, a rede supón moitas vantaxes para os usuarios e as empresas, a proba a temos en que xa hai cursos especializados no sector de Marketing Dixital e o emprendemento.

VIDEOTUTORIALES:



BIBLIOGRAFÍA:

http://www.globalnegotiator.com/es/libros-ebooks-comercio-internacional

1 comentario: