martes, 2 de diciembre de 2014

O MEU PLE (ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE) ROCÍO LEIRO


Tendo en conta que son toda unha novata na utilización de certos términos dixitais, como o do ple,cando me dispuxen a realizar éste último, non sabía moi ben cales eran as miñas fontes de aprendizaxe, pois en realidade nunca reparei en cales eran. Agora que teño que facer o meu propio ple, seguro que incluiría muitas máis fontes pero en difinitiva son as seguintes:

Para a búsqueda de emprego, utilizo varias páxinas , entre elas Infojobs e o Boletín Ponteemprego da provincia de Pontevedra.
O google xunto co facebook e o gmail o utilizo case a diario pois é a través do google, principalmente, onde "buceo" para atopar toda aquela información que preciso, ademáis o facebook, aparte de ser unha ferramenta dixital de dinamización tamén serve para obter información sobre grupos, colectivos, empresas ou eventos relacionados cos meus intereses profesionais e persoais.

Por outra banda, o BOE e o DOG son tamén fontes de información para min,pois a través das súas páxinas obteño información sobre novas, actualidade lexislativa, reformas etc

Tamén o teatro, os audiovisuais a prensa escrita e viaxar son bos "caldos de cultivo culturais" onde a través deles se lle pode sacar muito proveito informativo, nutrirse de centos de coñecementos diferentes, empaparse de experiencia e sabiduría e enfocar a realidade desde mil puntos de vista diferentes.
Por último a miña fonte persoal mais importante son as relación humanas, pois gracias a elas, me nutro cada día de coñecementos novos ademáis de cultivar a linguaxe para min máis importante, a linguaxe dos afectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario