jueves, 4 de diciembre de 2014

Reflexión individual do Módulo 3. Rocío Leiro





Este módulo 3, é o máis extenso de todos, pois abarca todo o marco instrumental da Orientación Laboral resumidos en 6 temas. Deles, destacaría o seguinte:

O proceso de Orientación e Inserción Laboral para persoas con discapacidade o cal ten como obxetivos entre outros:
-Recopilar información persoal, formativa e laboral.
-Analizar a situación persoal, familiar e social da persoa.
-Coñecer os intereses formativos e laborais da persoa.
-Proporcionar información sobre os recursos existentes na zona de referencia da persoa.
-Analizar itinerarios individuais de emprego.

Por outra banda podemos falar tamén de itinerarios de inserción como conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxetivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuari@s que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreasdo campo da inserción sociolaboral.

No tema 13 podemos atopar os diferentes tipos de entrevista na Orientación Laboral; deste xeito destacaríamos a dirixida, semidrixida e a grupal. Tamén é moi importante ter en conta os aspectos antes da entrevista e os aspectos negativos que se deben evitar nela, así deberíamos evitar por exp parecer pouco responsable,pouco dinámico,ser impuntual,parecer que non tes confianza en ti mesm@ etc

No tema 14 coñeceremos un término novo, a Prospección Empresarial : explotación de posibilidades futuras baseadas en indicios presentes. Esta prospección caracterízase por catro fases: A preparatoria, a planificación, traballo de campo e avaliación e seguimento.
Para levar a cabo a prospección en empresas é importante levar unha serie de instrumentos como son: -A relación dos datos que fai falta xestionar sobre as empresas, guión para a presentación das visitas,modelo de carta de presentación ( mail para as empresas) e dípticos e pósteres informativos.



Así como mencionei antes os distintos tipos de entrevista, tamén é importante coñecer as técnicas e ferramentas de emprego existentes, dende as máis tradicionais como o C.V  ou a carta de presentación ata as máis actuais como as diferentes plataformas dixitais de búsqueda de emprego.

Por último, resaltar o Plan de Empresa, iniciativa a levar a cabo polo orientad@r que opta polo autoemprego.





No hay comentarios:

Publicar un comentario